Skip to main content
Uncategorized

9 de Maio – A Coruña – Charla/coloquio «Os medos na adopción»

Prezadas persoas socias,
continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en A Coruña cun coloquio sobre:
– Os «medos» na adopción
Nesta actividade tentaremos poñer en común as nosas inquedanzas sobre o tema e coñecer cales son as propostas e estratexias de superación que as familias estamos a utilizar no noso día a día.

DATA: 09/05/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR:
Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

A Xunta Directiva

Compartir en:

Leave a Reply

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.