Skip to main content
Asociación galega de adopción e acollemento

QUE É MANAIA?

MANAIA, asociación galega de adopción e acollemento, xorde co obxectivo de ser un punto de encontro próximo, de opinión, información e apoio para todas aquelas persoas que teñan realizado ou estén emprendendo o camiño da adopción e o acollemento dende Galicia. Polo tanto, en MANAIA teñen oco tanto as familias que se ofrecen para adoptar ou acoller coma as que xa adoptaron ou acolleron, así coma calquera outra persoa que teña sensibilidade cara a adopción ou acollemento. Tamén ten como propósito promover a convivencia das nenas e nenos adoptadas e acollidas e as súas familias.

QUEN FORMA MANAIA?

Familias que optamos pola adopción ou o acollemento coma proxecto familiar.

Entre nos atópanse familias en tódolos momentos do proceso: comenzando, en espera de asignación, asignados en espera do encontro, recén chegados e familias con nenos xa adolescentes, e por suposto, en tódalas súas variables: Adopción Internacional, Adopción Nacional, Necesidades Especiais, Acollemento familiar e, como non, fillos non adoptados ou acollidos.

O noso compromiso coa adopción e o acollemento

Acompañamos, informamos e colaboramos para
mellorar as vidas das familias e das crianzas.

ENCONTROS

Ofrecemos espazos seguros e próximos onde as familias poden coñecerse, compartir vivencias, expresarse libremente e sentirse acompanhadas, sen medo a xuízos nin prexuízos.

INFORMAR

Facilitamos ás familias información veraz e actualizada sobre os procesos de adopción e acollemento, ofrecendo tamén apoio emocional e asesoramento personalizado en cada fase.

ORGANIZAR ACTIVIDADES

Desenvolvemos obradoiros, charlas e encontros formativos que axudan ás familias a adquirir ferramentas útiles para comprender e acompañar mellor ás crianzas adoptadas ou acollidas.

MELLORAR

Comprometémonos coa mellora continua dos procesos de adopción e acollemento, contribuíndo a detectar necesidades, propoñer solucións e defender cambios que beneficien ás familias.

TRANSMITIR A REALIDADE

Traballamos para que a sociedade coñeza unha imaxe real, sen estigmas, da adopción e do acollemento, promovendo comprensión, respecto e normalización dende todos os ámbitos.

EXPERIENCIAS

Poñemos no centro as vivencias das nenas, nenos e adolescentes adoptados ou acollidos, acompañándoos nas súas diferentes etapas e necesidades ao longo da vida.

FORMARNOS

Impulsamos a formación especializada de profesionais da educación, saúde, servizos sociais e outros ámbitos implicados nos procesos de adopción e acollemento.

COLABORAR

Establecemos colaboracións activas coas administracións públicas para mellorar a lexislación, os recursos e a atención que reciben as familias e crianzas implicadas.

Somos membros

1º ENCONTRO DE PERSOAS ACOLLIDAS, ADOPTADAS E EX-TUTELADAS

| Blog | No Comments
Por fin podemos anunciar que o 1º Encontro de persoas Acollidas, Adoptadas e Ex-tuteladas xa está aquí!! Preme para máis información!

5º Congreso Galego de Adopción e Acollemento.

| Blog | No Comments
Outro ano máis vos presentamos o cartaz do que será o noso 5º Congreso Galego de Adopción e Acollemento. Xa podedes inscribirvos! https://cgaa.gal/inscricion/ Esperamos vervos!

5º Congreso Galego de adopción e acollemento.

| Blog | No Comments
Xa queda menos para o noso 5º congreso de adopción e acollemento que se celebrará os días 29 e 30 de setembro. Estade moi antentos a todas as novas. Esperámosvos!

No hay próximos eventos en este momento.

¿Tes dúbidas ou queres saber máis?
Estamos aquí para escoitarte, acompañarte e axudarche no camiño da adopción ou do acollemento.
Contacta con nós e falamos.
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.